Despois dun tempiño sen actualizar este blog, estivemos traballando noutras actividades que esperamos teñan unha pronta "plasmación".
De momento estades convocados a unha nova asemblea o Venres 26 deste mes, e como sempre nas antigas escolas "García Hermanos" e ás 21 horas.
Pepe encargouse de redactar os estatutos definitivos e a acta fundacional, que ten que ser asinada polos soci@s presentes a fin de legalizar o Ateneo. Unha vez legalizados estaremos en disposición de solicitar salas publicas para as conferencias ou actos que teñamos preparados.
Hai unha campaña prevista que preferimos non adiantar aquí para non restarlle impacto (estaremos aprendendo das tecnicas de marketing das empresas????).
Outro dos motivos da legalización será a necesidade de abrir unha conta bancaria para as cotizacións. Nestes momentos hai na caixa máis de 400 euros que tendo en conta que a cuota mensual é de 5 euros nón está nada mal. Certo que de momento non tivemos moitos gastos.
O blog estivo un tanto parado, primeiro para descansar dun esteril debate que tivemos alá pola primavera. Agora vaise retomar dandolle publicidade ós actos que fagamos e sendo un complemento para os debates.
De momento vanse a ampliar os enlaces (ligazons) con outras páxinas da rede. Esto faise por solicitude dos soci@s, así que xa sabedes que podense aportar ideas. Hoxe engadimos o arquivo situacionista e os textos en castelán de "Izquierda Comunista Internacional".
E para terminar solictamos a tod@s os que estades colaborando dunha ou outra maneira co Ateneo que necesitamos para as vindeiras actividades que nos aportedes datos sobre o custe de certas infraestructuras básicas de Betanzos (Escolas, ambulatorio.....) e de todas cantas cousas pensedes poidan ser de utilidade par nós.
E a primeira de todas é que veñades ás asambleas. Vémonos.
2 comentarios:
Xa sei que o debuxo emana alegría e optimismo. Vai por Calo, que sempre nos quere ver así de contentos.
Non che parece unha boa bandeira?
Esta non ten patria, coma nós.
Suso
Gracias Suso. A bandeira e tan parecida a Wipala, que non me disgusta.
Calo.
Publicar un comentario