27.10.07

A falacia do "Desarrollo sostenible"

Pé de foto: Algún dos nosos compañeiros anda estes días recollendo cogumelos. Esperamos que a súa andaina non teña parecido con esta.




Modernos dioses tecno-ecológicos: Helios y Eolo


(O cómo descubrir y desenmascarar a los cantamañanas de las energías alternativas y a los vividores del desarrollo sostenible, también conocido como Rollo SOS Temible.)


Amplio informe extraido da web Crisisenergetica.org



"En esta breve exposición se tratará de ofrecer unas pautas simples, una guía de bolsillo, para que los ciudadanos recién llegados al mundo de la ecología, el desarrollo sostenible y demás lugares que algunas personas preocupadas crearon, en un sana búsqueda de un mundo mejor, puedan descubrir con facilidad, denunciar y desenmascarar a los aprovechados y despabilados de siempre, que inmediatamente asaltaron esos y muchos otros términos y los pusieron al servicio del capital, desvirtuando su carácter.
Lo que se exponen a continuación son los perfiles más comunes de cantamañanas y vividores en el mundo de las energías alternativas y del llamado desarrollo sostenible. El encuadre de una determinada persona, entidad u organización en alguno de estos perfiles no lo identifica automáticamente como tal; simplemente le asigna puntos a favor. Ahora bien, el cumplimiento de varios de los perfiles expuestos acerca considerablemente a esas categorías a los sujetos de este análisis y el cumplimiento de todos los perfiles garantiza con absoluta seguridad que se es un cantamañanas y un vividor."


Desde A Outra mirada recomendamos este informe. Debido a súa extensión preferimos non reproducilo aquí integramente.


Aproveitamos esta entrada para anunciar unha nova iniciativa que ten que ver con este tema e que nos foi remitida desde Ourense aínda que os seus responsables nons contan que....


...Desde varios lugares nas terras de Galiza.Renderén colectivo: por unha revista anarquista.


Ao longo deste ano 2007 un grupo de xente, individuos cun ideal libertario, no senso máis amplo do termo, decidimos que xa era tempo de organizarnos arredor dun proxecto común para falar, debatir, expor e espallar as nosas ideas, encarando a sociedade e os sistemas politico-económicos vixentes no noso tempo,tentando sempre de fiar as filosofías e experiencias revolucionarias anarquistas co actual estado das cousas.


O resultado desta xuntanza é a creación dun colectivo editor, asembleario e autónomo para a publicación dunha revista que dea soporte a ideas, proxectos e solucións prácticas contra o estado, o capital, as relixións e toda forma de poder e goberno, loitando pola construción dunha sociedade, xusta e igualitaria,de individuos libres.


Os pontos de referencia da publicación na que estamos a traballar son:


- A independencia de calquera caste de institución,asociación ou organización.


- Feita na Galiza, en loita pola liberdade e independencia dos individuos que conforman os pobos do mundo.


- Cada número artellarase arredor dun tema monográfico elixido por unanimidade no colectivo como proposta a desenvolver polos colaboradores. Ademáis contará con outras seccións complementarias.


- A revista terá unha periodicidade variable, cun obxectivo inicial de dous números ao ano.


- O prezo da revista e as nosas aportacións servirán para sufragar os custos da edición, impresión e distribución. Non se inserirá publicidade algunha e ninguén percibirá contraprestación monetaria polo seu traballo ou colaboración. Calquera beneficio empregarase na mellora da publicación.


Este é pois, un proxecto colectivo, que non é patrimonio de ninguén e que tenta ser un elemento máis no proceso de achegamento entre as xentes do mundo libertario sen pecharse a outros movementos da esquerda revolucionaria. É desde esta perspectiva que nos poñemos en contacto convosco solicitando a vosa colaboración no colectivo editor e o voso apoio como subscritores, ou, simplesmente como leitores e divulgadores da revista.


O lema que vai centrar o primeiro monográfico da revista vai ser “A FALACIA DA SUSTENTABILIDADE”Podes colaborar ou comunicar connosco no seguinte enderezo:


ren_de_ren@yahoo.es



1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola. Estou a facer un artigo sobre ese tema para enviarlle a renderenSaude OTto Más