1.- As disfuncións do mercado da vivenda
En Betanzos, como no resto da Galiza, producíronse importantes cambios económicos e socias coa plena integración de España no centro do sistema capitalista mundial, coincidindo coa implantación do sistema democrático. Temos pasado dunha sociedade rural e coa maioría da poboación ocupada no sector primario a unha sociedade urbana e coa maioría da poboación ocupada nos sectores da construcción e dos servizos.
Coa plena integración no sistema capitalista mundial a vivenda segue a ser un dos principais problemas para as clases traballadoras que non pode resolverse coa simple aplicación das leis do libre mercado –paradigma do sistema capitalista mundial-. Amplos grupos sociais son excluídos do mercado da vivenda porque non teñen capacidade económica para os elevados prezos da vivenda; no mellor dos casos, as persoas que forman parte das chamadas “clases medias” deben dedicar a maior parte dos ingresos que obterán durante a súa vida laboral á adquisición ou aluguer da vivenda familiar.
As causas do problema da vivenda hai que buscalas no propio sistema capitalista pero non pretendemos analizalas aquí. A pretensión é só deixar apuntadas as disfuncións máis graves do libre mercado da vivenda en Betanzos:

- O parque de vivendas existente en Betanzos abonda para atender as necesidades da poboación na actualidade e nos vindeiros anos.
Vivendas familiares Ano 2001
Vivendas principais 4.324
Segunda vivenda 671
Vivendas baleiras 1.529
TOTAL 6.527
Fonte: Instituto Galego de Estatística
Estes datos corresponden ao número de vivendas familiares existentes no ano 2001, ás que habería que engadirse as novas vivendas que se foron construíndo dende entón ata hoxe e as vivendas actualmente en construcción. O número total de vivendas existentes ou en construcción supera hoxe con toda seguridade as 7.000 vivendas.
Tendo en conta que, segundo o padrón de 2006, Betanzos ten unha poboación de 13.165 habitantes, resulta que existe alomenos 1 vivenda por cada 1,8 habitantes.
En principio non é previsible un grande crecemento da poboación de Betanzos tendo en conta que nos últimos 25 anos (de 1981 a 2006) a poboación residente no termo municipal tan só se incrementou en 1.782 habitantes.
A conclusión que podemos tirar destes datos é que coas vivendas existentes e as que se encontran actualmente en construcción poden cubrirse as necesidades da poboación actual e do futuro próximo.
España é o estado da Unión Europea con máis vivendas por habitante (case unha vivenda por cada dous habitantes) e con máis vivendas baleiras. E en Betanzos este porcentaxe aínda é superior á media estatal. Pero paradoxicamente un sector cada vez máis amplo da sociedade non ten capacidade económica de acceder á vivenda.

- O sector da construcción xoga un papel importante na xeneración de emprego
A construcción e a hostalería experimentaron tamén un importante crecemento na cidade de Betanzos. E así, no ano 2001 o sector da construcción ocupaba directamente a 631 traballadores, aos que habería que engadirlle os empregos xerados indirectamente (comercio e servizos vinculados ao sector da construcción).
- A maioría dos cidadáns adquire a súa vivenda en propiedade mediante compra no mercado libre.
Réxime xurídico de tenza das vivendas principais Ano 2001
En propiedade por compra 2.698
En propiedade por herdanza 474
En aluguer 671
Outras formas xurídicas 481
TOTAL 4.324
Fonte: Instituto Galego de Estatística
Á vista destes datos, resulta que o 73% das vivendas principais son propiedade das familias que residen nelas; e que máis do 62% accederon á propiedade mediante compra. Mentres que o alugueiro só representa o 15% das vivendas principais. Se temos en conta que nos últimos 20 anos téñense construído moi poucas vivendas de protección pública (unicamente no barrio da Condesa), podemos concluír que os cidadáns de Betanzos teñen que satisfacer as súas necesidades de vivenda mediante compra no mercado libre de vivenda, dado que non hai oferta de vivenda de protección pública e o mercado de aluguer é moi reducido.

- A segregación social e o fraccionamento da cidade.
Datos socioeconómicos
Paro rexistrado (2006) 689
Renda dispoñible bruta (2002) 9.660 euros por habitante
Salario mínimo interprofesional 570,60 euros/mes
Poboación con 65 ou máis anos 2.793
Poboación estranxeira 391
Fonte: Instituto Galego de Estatística
As capas sociais con menores recursos económicos quedaron excluídas do mercado de compravenda da vivenda porque non poden afrontar os altos prezos en constante alza (no ano 2005 o prezo medio da vivenda na provincia de A Coruña superaba os 1.200 euros/m2). Non poden acudir ao préstamo hipotecario porque non lles resultan prohibitivas as cuotas mensuais que superan xeralmente os 600 euros/mes (e cos tipos de xuro en alza).
Nesta difícil situación se encontran, por exemplo, os traballadores sen emprego, os traballadores xubilados, os traballadores con salarios máis baixos (o salario mínimo legal é de .... euros), os inmigrantes estranxeiros que foxen das guerras e da espoliación dos seus pobos polo sistema capitalista internacional e polas súas propias clases dominantes. Na provincia de A Coruña, no ano 2005, estimábase que un 8% dos fogares se encontraban baixo o limiar da pobreza.
As capas sociais con menores recursos só poden acudir ao mercado de alugueiro de vivendas –que podería ser unha boa solución para satisfacer as súas necesidades-. Pero o mercado de alugueiro en Betanzos –igual que a tónica xeral no resto da Galiza e en España- é un mercado moi limitado. É significativo o dato de que no ano 2001 só 671 vivendas estaban ocupadas en réxime de aluguer. E na práctica, podemos considerar fora do mercado de aluguer as vivendas alugadas antes da Lei de arrendamentos urbanos de 1994.
Como consecuencia da escaseza de oferta no mercado de aluguer, os prezos de arrendamento de vivendas son máis altos e as capas sociais con menores recursos só poden optar por alugar vivendas en estado ruinoso ou que non reúne as condicións mínimas de habitabilidade e salubridade (infravivendas), ou por compartir entre varias persoas sen lazos familiares unha mesma vivenda (como é o caso dalgúns grupos de inmigrantes estranxeiros).
A este problema para o acceso á vivenda, debe engadirse o problema dos cidadáns que ocupan vivendas en estado ruinoso ou que non reúnen as condicións mínimas de habitabilidade e salubridade (infravivendas), cando os seus propietarios non poden afrontar as inversións necesarias para a rehabilitación ou reforma das súas vivendas. Esto é particularmente grave no casco histórico de Betanzos.
Deste modo, estanse concentrando as capas sociais máis desfavorecidas nas zonas máis degradadas do noso casco histórico cos conseguintes problemas derivados da segregación social: o deterioro da calidade de vida das capas sociais con menores recursos, o aumento da conflictividade e a degradación da convivencia cidadán, a perda do noso patrimonio cultural construído e da nosa identidade local.
A perda do nivel de vida das capas medias
Datos socioeconómicos (2001)
Vivendas sen vehículo 1.283
Vivendas con 1 vehículo 2.035
Vivendas con 2 ou máis vehículos 1.006
Unha parte importante das familias de Betanzos puideron dispoñer de rendas suficientes para adquirir a propiedade da súa vivenda, e máis para adquirir o seu coche e acadar un nivel de vida aceptable.
Sen embargo, nos últimos anos estase a producir unha diminución das rendas reais das capas medias da sociedade e, conseguintemente, un deterioro da súa calidade de vida o que dificulta ou mesmo imposibilita a adquisición de vivendas.
A precarización do emprego, a alza dos prezos dos productos de primeira necesidade, entre eles o da vivenda, o incremento nominal dos salarios pero inferior ao incremento real do custo da vida (o salario medio real retrocedeu en España un 4% entre 1995 e 2005), o deterioro das condicións de traballo, o endebedamento cada vez maior das familias para poder manter o seu nivel de vida ou para poder acceder á compra da súa vivenda, poñen de manifesto o retroceso das capas medias da sociedade.
Especialmente preocupante é o problema da vivenda dos xóvenes que queren fundar novas familias ou vivir independentemente. A taxa de precariedade xuvenil no traballo ronda o 60% en España.
Os xóvenes das capas medias da sociedade son expulsados da cidade cara á periferia. A súa orixe ou procedencia das capas medias da sociedade, o seu nivel de formación, as súas inquedanzas e lexítimas aspiracións de participar na sociedade, fai que opten moitas veces por adquirir a súa vivenda fora de Betanzos, na procura dun prezo máis moderado ou dunha calidade de vida que é prohibitiva para eles na nosa cidade. ¿Serán eles o novo suxeito revolucionario que substitúa ao proletariado?
2.- A política municipal de vivenda
A Constitución española, no seu art. 47, establece que tódolos españois teñen o dereito a disfrutar dunha vivenda digna e adecuada e ordena aos poderes públicos –entre os que se inclúen os concellos- que promovan as condicións necesarias e establezan as normas pertinentes para facer efectivo este dereito, regulando a utilización do solo de acordo co interese xeral para impedir a especulación.
No complexo sistema de distribución de competencias que deseña a Constitución e os Estatutos de autonomía, atribuíronse ás Comunidades Autónomas as competencias plenas en materia de urbanismo e de vivenda. Na actualidade, a política de vivenda da Xunta de Galicia é exercida a través da Consellería de Vivenda e Solo.
Pero tamén os concellos ostentan importantes competencias en materia de urbanismo e de vivenda. Así resulta do principio de autonomía municipal que garante a Constitución e que recibe a súa concreción na Lei reguladora das bases do réxime local de 1985, na que se dispón que os municipios exercerán, en todo caso, competencias en materia de ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística e promoción e xestión de vivendas.
A lexislación urbanística galega establece unha panoplia de poderosos instrumentos xurídicos e económicos a disposición dos concellos galegos para que podan desenvolver a súa propia política municipal de vivenda, entre os que merecen resaltarse:

- A potestade de cualificar terreos para a construcción de vivendas suxeitas a algún réxime de protección pública. A lei establece que o planeamento deberá prever as reservas de solo necesarios para atender as demandas de vivenda protexida e como mínimo as necesarias para localizar o 20% da edificabilidade residencial
- Os mecanismos de intervención no mercado de solo, entre os que destaca o patrimonio municipal de solo coa finalidade de ser destinados á construcción de vivenda suxeita a algún réxime de protección pública.
- As potestades para esixir aos propietarios o cumprimento dos deberes de edificación e, se é o caso, de rehabilitación.
Durante a longa etapa de goberno municipal con maioría absoluta do PSOE, a política de vivenda limitouse a pedirlle á Xunta de Galicia a construcción de vivendas de protección oficial (as construídas no barrio de A Condesa resultaron manifestamente insuficientes). Pero o goberno municipal optou por absterse de intervir activamente no mercado da vivenda e do solo:
- O planeamento urbanístico municipal aprobado coa maioría absoluta do PSOE non cualificou nin un só metro cadrado de terreo para a construcción de vivendas sometidas a algún réxime de protección pública.

- Non se constituíu nin se xestionou o patrimonio municipal de solo coa finalidade de intervir no mercado e de construír vivenda protexida para garantir o acceso á vivenda ás capas sociais con menores recursos económicos. Polo contrario, o concello optou por allear os terreos municipais aos promotores inmobiliarios; un caso especialmente lamentable foi a subhasta dos terreos nos que se encontraban as antigas escolas e o asilo dos irmáns García Naveira, que poderían ter sido mellor empregados para construír vivenda de promoción pública e espazos libres e zonas verdes e equipamentos públicos nunha posición central da cidade.
- Non se exerceron as potestades municipais de edificación forzosa de soares vacantes fronte aos propietarios incumpridores do deber de edificar –que prefiren reter o solo para obter maiores plusvalías especulativas-
En definitiva, a política de vivenda do goberno municipal do PSOE estivo en plena sintonía coas posicións máis ultraliberais optando pola non intervención no mercado da vivenda e do solo, ignorando deste xeito as necesidades das capas sociais máis débiles de Betanzos.
Durante os últimos catro anos de goberno de coalición PSOE-BNG mantívose no esencial a mesma política de vivenda que nos anos anteriores, presidida pola idea ultraliberal de non intervención no mercado da vivenda e de solo. Esto a pesares de que a responsabilidade da área de urbanismo e vivenda foi asumida polo grupo municipal do BNG e en contradicción cos criterios da Consellería de Vivenda e Solo –cuxa responsabilidade asumiu o BNG.
3.- Unha política de vivenda deseñada desde a esquerda
Resulta evidente que sen unha intervención pública no mercado da vivenda e solo non é posible garantir o dereito constitucional a unha vivenda digna. Non é un problema de escaseza de vivendas porque as que xa existen hoxe abondarían para satisfacer as necesidades da poboación. Unha parte cada vez maior da sociedade queda excluída do mercado porque non dispoñen de rendas suficientes. A alza dos prezos da vivenda mantense grazas á demanda xerada polas capas sociais con maiores rendas dispoñibles que adquiren unha segunda ou incluso unha terceira residencia, pola demanda derivada do crecemento do turismo, tanto interior como o procedente do estranxeiro (España é o terceiro estado con maior número de turistas cada ano), ou pola demanda dos inversores que, actuando con fins especulativos, consideran a vivenda como unha inversión máis segura e rendable que outros valores mercantís.
A solución definitiva da cuestión da vivenda requiriría cambios estructurais profundos que exceden con moito da limitada capacidade dos concellos.
Non obstante, dentro do marco xurídico e político municipal aínda é posible implementar unha política de vivenda municipal que utilice os instrumentos de intervención no marcado da vivenda e do solo para dar cumprimento ao mandato constitucional de garantir a tódolos cidadáns o acceso a unha vivenda digna.
E por esto, urxe unha política de vivenda definida desde unha perspectiva ideolóxica de esquerda que dea resposta ás necesidades de tódolos cidadáns e, en especial, das capas sociais medias e baixas.

Os obxectivos esenciais da nova política de vivenda municipal, poderían ser os seguintes:
a) garantir o aceso de tódolos cidadáns a una vivenda digna, con especial atención aos xoves,
b) manter o emprego no sector da construcción apostando pola rehabilitación do parque de vivendas actualmente existente, especialmente dentro do casco histórico, tendo en conta que a rehabilitación pode xerar máis emprego que a expansión urbana,
c) garantir os dereitos dos propietarios do solo recoñecidos pola lexislación vixente e a igualdade de trato a todos eles, e ao mesmo tempo, esixirlles o cumprimento dos seus deberes legais de acordo coa función social da propiedade
d) promover a cohesión social, procurando a mestura de usos e de grupos sociais e evitando a fragmentación da cidade en diferentes zonas en función das rendas dos residentes
e) e conservar e recuperar o noso patrimonio histórico e a nosa identidade local
Para acadar estes obxectivos políticos, propoñemos algunhas liñas de actuación estratéxicas que poderían desenvolverse dentro do marco legal actualmente en vigor:
a) a participación real e efectiva de tódolos cidadáns na definición dos obxectivos e na toma de decisións máis importantes da política de vivenda e solo,
b) o diálogo e a concertación social con tódolos sectores afectados: os propietarios de solo, os empregados e traballadores da construcción, os promotores inmobiliarios, os xoves que buscan a súa primeira vivenda, etc.
c) a modificación e revisión do planeamento urbanístico de modo que se cualifiquen terreos suficientes para atender as demandas de vivenda suxeita a algún réxime de protección pública
d) a constitución e xestión eficiente do patrimonio municipal de solo como instrumento de intervención no mercado da vivenda e solo, de modo que se dispoña dunha ampla oferta de vivenda de promoción pública en réxime de aluguer ou dereito de superficie ou propiedade
e) o exercicio das potestades de edificación forzosa de soares vacantes fronte aos propietarios incumpridores que reteñen o solo para conseguir a revalorización especulativa das súas propiedades
f) a coordinación e colaboración coa Administración autonómica e, en particular, coa Consellería de Vivenda e Solo, de cara a impulsar actuacións públicas para a construcción de vivendas de promoción publica e para a rehabilitación integral do casco histórico
g) a rehabilitación das vivendas existentes, especialmente daquelas que forman parte do casco histórico, dos barrios máis antigos ou dos núcleos rurais tradicionais, ou que polo seu caracter tradicional, popular, cultural, arquitectónico ou por outras razóns contribúan a conservar a identidade local de Betanzos ou a mellorar a calidade de vida dos cidadáns
h) o apoio decidido ao cooperativismo para promover a construcción de vivendas de protección pública
i) o impulso de organizacións sociais en defensa do dereito a unha vivenda digna e adecuada, facilitándolles a participación nos procedementos de aprobación dos instrumentos de planeamento e xestión urbanística
j) e a constitución dunha empresa pública para a xestión do solo, a rehabilitación de vivendas, especialmente no casco histórico, e a construcción de vivendas de protección pública .

Nota do administrador:
Agradecemos que os comentarios que se queiran facer a este texto se fagan na noticia publicada anteriormente. Por non sei que cousas da informatica non deixa meter comentarios aquí, e non vaian alguns a pensar que non queremos debate. Agradecense sobre todo aportacións, datos ou calquera comentario que nos axude a comprender este asunto desde outros puntos de vista. Ata o momento ningún responsable politico de Betanzos fixo nunca ningun estudo tan riguroso coma iste.