2.6.07

Proposta de novos debates.


Ante os diferentes comentarios recibidos neste blog e tamen polos debates internos das asambleas, pensamos que ata agora os debates abertos dan que pensar que o Ateno vaise mover no terreo do fiosofico ou da opinión. Nada más lonxe. As nosas intencións son baixar os problemas do día a día, en Betanzos, na Comarca e no mundo enteiro (¿non serán parecidos?).
Por iso e mentras non fagamos actividade publica iremos deixando este blog para fomentar o debate entre socios e visitantes.
Así que vos propoñemos diferentes temas de actualidade para que publiquedes articulos (socios) ou fagades comentarios (libres e abertos a todos).
Propostas:
- Eleccións Municipáis. Alternativas a partitocracia. Participación ou abstención.
- Urbanismo. Negocio duns poucos ou necesidades básicas de todos.
- "Desarrollismo" ¿Queremos máis Poligonos Industriais?
- O Transporte. ¿Non hai ninguén que estea contra do Monstruo "AVE"?
- Ecoloxía. ¿Salvamos a Humanidade o nos vale con vender xabón ecoloxico? ¿Falamos de patos ou do Sistema capitalista?
- Betanzos: Inmigrantes, Paro, exclusión social... ou a ver quen promete máis chorradas nas proximas eleccións.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Considero que o papel do Ateneo ante este tipo e temas debe ser ofrecer " as outras miradas" críticas que son silenciadas .Amosar como o que cumplen as castas políticas, empresariáis, etc, está en función do desenrtolo do capitalismo.. e por ello ten que ser de determinada maneira e xenerar determinadas consecuencias.E asimesmo como o que prometen e non cumplen xoga un papel de atracción seductora ante o electorado, para copar postos na escala de mando social. E todo ésto ,legal e civilizádamente, está a xenerar desimplicación social nos problemas sociáis, libre curso ao individualismo, apatía e abstencionismo en aumento.Esto preocupa a un sector de ideológos do sistema, e tentan buscar remedios.. mantendo as bases que xeneran estas manifestaci´çons sociáis.Por elo , a porta está aberta máis demagoxia, mais mixtificación, máis enganos , politiqueos e oportunismos variados.O noso papel ten que ser contribuir a que a brecha se amplíe, se faga conscente, organizada e activa. Non a que entren en funcionamento as " empresas de reformas" sociáis.Esto supón tamén sacar a relucir moita merda que existe e se tapa, a media mentira que esconde a media verdade,o engarce de todo elo cun modo de existencia que, por xenerar relacións capitalistas, desposúe a millóns de persoas da capacidade de influir no esencial das suas vidas, e pon nas mans dun puñado de gerifaltes decisións que , por servir a este sistema e s aos seus egoismos particulares, xeneran moito sufrimento, degradación e miseria humana.
Moito falar, pero , por exemplo, máis de 300.000 viudas de Galicia cobran menos do soldo mínimo.E agora xa non se pode votar a culpa en exclusiva ao PP.Os discursos das esquerdas falan de problemas por resolver, fan proxectos, intentan animarnos a votalos para sumar forzas, etc. En realidade, os vellos non son consumidores moi apasionados, están bastante pasivos e cascados, así que con catro perras , moito pastilleo, tonechos, luares, etc, etc. os sacan de enriba.Agora quenes son o centro de atención do consumo son os novos, " reyes del Hogar",e veña a publicitar reclamos diversos.Que eso fai un tipo de xuventude que xenera problemas no ensino, no lecer, nas familias, etc, ets,..pois a sacar novos plans de reforma para ilusionar de novo e tentar remendar o tecido que racha..Así, un partido propón plans de moralización social e as suas xuventudes potenciación do deporte competitivo, outro fala de ecoloxía e sostenibilidade,bla, bla, bla e logo esixe ter dereitos como consumidor e -capacidade- para selo-nun-pais-desenrolado, etc etc.E os domingos, as 8, 30 da mañán escoitase a misa católica pola radio.. ¿ na Cope?. Non , en Radio Nacional 1, con diñeiro público administrado pola esquerda.Como o resto da programación é atea e descreida....
Podemos amosar exemplos como ésto s de forma directa e sinxela, i eso non quita que podamos discutir cuestións máis amplas e de fondo.Entre as duas sempre hai vencello, e se poden explicar.
Otto Mas.

Anónimo dijo...

Eu penso que o Ateneo deberá ser ún dentre centos que debería haber en todas as vilas. Crear un tecido social fora dos partidos e das institucions.Crear Sociedade.Porque se a Sociedade non está organziada,calquera xoga con ela como fan con nós na actualidade.
Se somos capaces de falar e actuar cas nosas diferencias nun espacio que saiba chamar as cousas polo seu nome, sen caer no facil posibilismo do mal menor, sen darlle ao poder posibilidades de nos enganar cos seus productos de consumo (entre os que están a politica do vota e cala). Se somos capaces de crear espacios de socialización (tanto da teoria como da practica)entonces estaremos axudando a formar esa rede. As solucions estan nas nosas mans porque nosos son os problemas. ¿Non hai exclusión social en Betanzos? ¿Non hai emigrantes sen dereitos e explotados na hosteleria e na construcción? ¿Non hai ancianos apartados do mundo ?¿Non hai mozos que ainda pior ca nós só viven para o consumo?¿Non hai que recuperar os vellos ideais do socialismo autentico e non esta parodia das xestorias politicas e sindicais? Pois entonces que esperamos. Solos non podemos pero sí podemos contribuir a parar os golpes hoxe, e quizais mañan a darsellos nós. O Capital e o Poder non han de quedar quetos se nos movemos. E falo do Universo máis proximo. Na nosa comarca tamen hai quen vive da explotación, do ladrillo e da especulacion en todos os seus sentidos.Eles non teñen medo de que vencera nas eleccions.

Anónimo dijo...

Boas. Son Suso.
A min gustariame falar da Organizacion do Ateneo, tal e como penso que debería ser no caso de que as cousas vaian ben e medremos.
Eu entendo un Ateneo como unha escola onde todos ensinamos e aprendemos. Cada quen ensina ca sua practica e coñecementos e así intercambiamos. Esto non ten porque ser solo a modo individual. Eu creo que no Ateneo debería confluir grupos con inquedanzas diferentes (grupos de musica, de teatro, de artesanía, ecoloxistas,amantes da teoria e o debate, biblioteca popular, estudo das ciencias e dos idiomas....) Se logramos ser un referente en Betanzos da Inciativa popular e de base, debemo ter un local onde todos estos grupos ainda que traballende forma autonoma,sintan o ateneo como casa común. Cada grupo solo non ten capacidade economica nen infrastucturas dabondo para facelo, pero xuntos sí podería ser unha realidade. Un centro referente para a comarca onde un centener de persoas fianciaran este proxecto e polos menos unha veintena de militantes activos mantiveran vivo cada un dos proxectos mencionados (biblioteca,debates,"festas" na rúa,...)
¿E optimista? Pois Sí.Antes que facelo hai que soñalo. Todo depende de nós.

Anónimo dijo...

¿Que pasa con Carlos, Pepe, Calo,etc? Andan dormidos? Opinade.

Anónimo dijo...

Reganosa.Como vedes, a empresa, o Estado galego e o español seguen a diante, sen complexos.Barcos virán, que toneladas de gas carretarán..
O desgaste electoral dunha parte da esquerda en Ferrol propiciós o medre da abstención e do voto a EU.Pois ben, leo no xornal "La Opinión" que nas reunións PSOE i EU todo vai " viento en popa", e que , según declara a lider de EU, " o tema de Reganosa está solucionado",En fin, eu sigo vendo os depósitos por Mugardos, será que lle colleron gusto á zona..
¿ Qué farán e dirán agora @s votantes a EU, opostos ao proxecto da regasificadora?. Agora a tragar e calar, como nos vellos tempos do xeneral do cabalo.Tanto voto útil e tanta merda de " voto -polo-mal -manor", para lexitimar e acatar aos plans do gran capital e os seu xefes políticos de esquerda.
Semopre o mesmo dende fai moitos anos.Sempre hai " un roto para tapar un descosido", sempre un mal político para poñer a outro, un mal(!!) burgués para sustituilo opor outro, unha demagoxia por outra. SEMPRE UNHA FORZA REAL do orden capitalista como mal menor frente a outra.. e así todo sigue o seu curso .
Tamén temos un lado esperpéntico, e asó O BNG está disposto a apoiar na Coruña os vellos "proxectos de cidade" do PSOE... todo por "ben da gobernabilidade".. por certo n ada sobre os funcionariomunicipáis, os telecos, empregadas do textil, etc, etc que estaban molestos polo tan excelentísimo trato recibido...
Saquemos conclusiós prácticas.
Otto Más.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Cuando empezamos a pensar en el ateneo, la primera idea, el primer nombre, fue “a outra mirada”, título que luego quedó para este blog. Compartíamos un objetivo: superar la mirada lineal con la que nos enfrentamos al mundo. Mirar cada asunto y cada problema del ser humano con una perspectiva amplia, que ligara cada situación con los procesos de liberación que recorren nuestra historia y nuestra vida, y que tantas veces permanecen invisibles, escondidos detrás del miedo, la gran fuerza represora, en todos los tiempos y en todas las culturas.
La mirada lineal y el miedo, como fuerzas contrarias al proceso de liberación, no son patrimonio de ninguna ideología. Como tampoco la liberación es patrimonio ideológico exclusivo de nadie. En un mundo tan complejo como el que vivimos, pueden aparecer sumandos liberadores en actitudes ideológicas aparentemente opuestas. Y podemos encontrar, en cualquier posición ideológica, elementos culturales y actitudinales que frenan la liberación.
El egoismo consumista como paradigma de felicidad, la seguridad como respuesta al miedo, son elementos de freno de la liberación y necesarios para la supervivencia del capitalismo.
A día de hoy, el capitalismo, como expresión más lograda de una civilización androcéntrica, que ha situado al hombre como amo y señor del universo, con derecho a utlizar a su antojo al resto de las criaturas y seres vivos con los que comparte destino, incluídas las mujeres, aparece como el gran demonio a derrotar. Y yo comparto esa imagen. Pero sin olvidar que es la proyección política y económica de una forma de ser y sentirse hombre en el mundo. Y que el cambio de sistema debe nacer de un cambio de conciencia, o si no no va a servir para nada. Con otras formas de organización social y política, podemos seguir siendo los cabrones machistas, androcéntricos y explotadores que dominan las sociedades capitalistas.
La revolución empieza por roper las anteojeras con las que sólo miramos en una dirección y sentido, para captar la diversidad de la vida, para liberarnos del miedo, para descubrir que ese otro mundo que reivindicamos está ahí, convocándonos a otras formas de relación con todo y con nosotros mismos.
Así es como yo pensé que iba ase resto. Y si me he equivocado, hay otros caminos. Seguro.

Anónimo dijo...

EmeK non está con morfeo. Na próxima reunión, se o tempo mo permite, presentarei un escrito sobre o debate,
Salud EmeK

Anónimo dijo...

Son Suso.
Eu creo que debemos diferenciar entre opinions diferentes que poidamos ter a nivel individual (por moi diferentes que poidan ser), de actitudes que como grupo teñamos cara a sociedade. Nos debates internos se aparecen diferencias debense discutir internamente. Dos debates en aberto, no blog, ou onde sexa, podese opinar e defender o que un queira. Os debates internos non son para tomar unha opinión ideoloxica unica, se non prepar o camiño para cando teñamos que facer declaración publicas asinadas como Ateneo, e que deben buscar o maximo consenso.
De momento faltanos centranos nun debate entendible para a xente de fora pero tampouco é preocupante, xa que as cousas collen o camiño que os socios queren, e iso irá modificandose a medida que nos impliquemos máis na loita do día a día.
Animo e que cada un aporte o seu valor.Que todos somos necesarios.

Anónimo dijo...

Non se trata de discutir sobre purezas ideolóxicas. Para mín ésto non figura entre os luxos que poda permitirme. Se trata de ver os resultados prácticos das prácticas humanas e das ideoloxías ou armazóns ideolóxicos que sirven para lexitimalas, ou encubrir os seus resultados.A historia humana está repleta de purezas e impurezas ideolóxicas , de purezas que deveniron impurezas e similares.
Eu leo i escoito fórmulas ideolóxicas de todo tipo. Unhas que non séi qué siñifican, e si chego a sabelo, as contrasto ca vida real e vexo disonancias.Outras están xa tan desgastadas, que a mera repetición xa e sospeitosa ( ¡mira que non hai deuses, apóstoles, mesías e fantochadas polo mundo adiante!).Outras son as novas panaceas-Deus: desenrolo sostible, enerxías alternativas, corresponsabilidades varias, presupostos participativos,Tasa Tobin, etc, etc.Se me desmarco deso , demostro qué xeneraron e xeneran, vexo as posibilidades de que o fagan de novo.. e dispoño dun método pàra facelo, e se me tacha de absolutista, etc, etc,pois flaco favor faise ao pensamento crítico. Un argumento se resposta con outro.Un planteamento concreto non se debe rebate cunha descalificación xenérica. Ou se teñen unhas pautas comúns con rigor, ou senón a divagar.I éu non teño tempo nin ganas para elo.
Unha operspectiva crítica ampla non é repeter unha e outra vez calquer perspectiva com amplitude , ou mixturar as que non son compatibles,ou exercicios semellantes. Para dispoñer de tal perspectiva hai que escomenzar por retirar os muros que impiden ver ámplamente, e logo hai que " ir á raiz". Esto é duro e nada sinxelo.Pero entón o serio é recoñecelo, poñerse mans á obra, e deixarse de tachar a quen o intenta de tal ou cal pecado.
Así que menos rollos e máis implicación, que para bla, bla, blás xa temos as TVs.
OTTO MAS.

Suso García dijo...

Hay un comentario suprimido. Tranquilos non é censura. A persoa que o fixo pideu retiralo porque escribiuno directamente e logo non foi quen de retiralo e quedou como anonimo.O Comentarista pensa que pode dar lugar a malos entendidos e din que non quere que apareza como causante de disputas. Como administrador da paxina respeto a súa intención e queda eliminado. Polo demáis cada quen pode seguir poñendo o que lle pete.
Saude.

Anónimo dijo...

A conformación e colaboración dos modernos medios de comunicación, o ensino nos seus diferentes nivéis, a diversificada industria do espectáculo e Cía pretende xenerar un estado de conciencia e de sensibilidade masívamente artelladas ca aceptación da civilización industrial, comercial, comunicacional,... basada na producción de capital.E inevitable que aparezan partes non " demasiado atractivas", e mesmo consecuencias máis ou menos devastadoras do sistema mundial de producción e intercambio mercantil.
Tamén o é que xurda a desesperanza, o desánimo, as sensaciós vencelladas ao existir elienante, sen máis capacidade que a de repeter actos i esforzos que recrean unha e otra vez as mesmas relaciós que aturden e desposuen de control sobre a vida.Mesmo poden xurdir sináis de rebelión e de busca de saidas efectivas e non de pantomimas...Pero xá estan aquí as mil maneiras de entreter e distraer ao personal, fomentando o aillamento nas vivendas ou un uso do medio público rutinariamente anodino, gregariamente repetitivo , pero eso sí, cachondo, posibilitador de un tipo de vencellos humáns que evitan sistemáticamente " tratar temas espinosos" e actuar doutra maneira ante a vidas colectiva e personal.Eso sí, tras ocupar este espacio de forma preeminente a producción e circulación das mercancías e os requisitos humáns para que ésto se repita a escala superior... vehículos a motor incluidos.Presión e relax..A mafia da risa espectacular fai de complemento á seriedad disciplinadora do mundo laboral.De non ser apenas nada podes pasar a ser un eixe central de referencia no teu medio, a condición de que sexas jovial e chistos@.Todo ten que aparentar ser fácil, entretido, motivo de chanza e relativización. Un roto tapa un descosido..Podes facer burla de cousas que logo fas e repetes a miudo, mais así alixeras a carga do descontento e da desconfianza. E sobre todo, esta relaxación social serve para apaciguar a mala leche que xenera a dura vida laboral e sucial .Haz i envés.Se trata de que co menor gasto do capital e os seus Estados, os humanos-de-obra estean entretidos.Esta é a base de tanta actitude " antiprexuicios", de tanta modernidade moral, de tanta alabanza por parte de ideológos varios, das " novas parcelas de liberdade",para facer turismos,consumir mexunxes variados, promocionaer deportes gregario-ruidosos-despilfarra-enerxía, acceder a espectacúlos culturáis de actualidade, e mesmo " viver unha sexualidade
moderna" como leín nun panfletillo de necedades( perdon, mocedades)de esquerda.!Mexan sobre Wilhem Reich e hai que decir que son graciosos..!. E se non segues este modelo tritura neuronas i enerxías varias, eres algo arcaico, e mesmo "fundamentalista".. e podes quedar aillad@. Hai que joderse ca industria da renovación laboral..Pero bueno, a mín todas estas cousas, como diría Groucho, póñenme a punto.. cando as obsevo, boto a correr.A industria do relax social ponme tenso, agora que o penso...Hai que ter un cuidado co que se fai..!.
Otto Más.

Anónimo dijo...

Vivenda: precios estratosféricos, constante bla, bla mediático do excepcional do caso , da posible fin da " burbulla", das dificultades para atopar un piso ou casiña reducido para a xente nova, etc, etc.Hipotecas -condena-cuasi-perpétua.Banca que fai negociazos.Pequenos propietarios e rentistas varios a rebufo da situación, buscando o maior beneficio posible ao mínimo coste.Ocupas , unhos silenciosos por necesidade a manta, e ruidosos
a miudo expulsados e mallados polas forzas do orde.Mentras tanto estas forzas reprimen á asamblea de Madrid pola vivenda, por que non sigue as normas do sistema, como fan as que controla a esquerda.Todo ésto e máis é un exemplo de cómo actúa este sistema, máxime cando non atopa resitencias e protestas de peso.O ataque ao salario abasoluto e relativo do proletariado, a presión sobre moitos miles de pequeno burgueses via encarecementop da vida, recorte asistencial.. e obligación de cargar ca axuda a moita xente nova que non ten un piso e medios suficientes para adquirilo.Se as máis de tres millóns de vivendas pechadas sairan ao mercado de alquiler, os precios caerían e moita xente teríaposibilidades de alquilar algo menos cutre do que pode hoxe.Pero Para que ésto suceda precísanse palancas legáis e vontade política por parte do Estado e das administracións... que se limitan a deixar facer ámplamente á iniciativa privada, como lle chaman, cubrir un tanto por cento limitado de VPO ( vivendas de protección oficial), e facerse autobombo con iniciativas sobre Bancos de alquiler de vivendas.. que fracasan extrepitósamente.. e non copnsiguen o ouxetivo marcado de baixar os alquileres (ésto recoñecido pola nosa Consellería jalleja).
Toda esta situación é a consecuencia lóxica e normal dun sistema no que a vivenda e os solo son mercaderías,e donde os concellos van tras os axentes inmobiliarios , polo que o pastel do control municipal , e os conseguintes marxes de manobra para artellar Plans xeráis de
ordenación urbana son motivo de disputa frecuente entre partidos do orde $.O periodista Pepe Rodrigues dí que " a chamada corrupción ñé a norma en todas partes, e o que chaman corrupción son os casos onde o véhículo foise sen frenos ..símplemente hai unha lei e unhas figurars recurrentes no mercado inmobiliario- axentes_, que posibilitan o que sucede.Sen tocar ésto, todo irá á mais".
O tempo de manifas -festa convocadas via SMS ( moitas veces por iniciativa de forzas políticas do orde, para entreter ao personal sen que a cousa cante a rechamante manipulación) debe finalaizar, e compre organizar protestas e presións sobre o problema da vivenda... ou seguer como ata agora.A mansedumbre , o dar como algo ambientalmente normal e natural que a vivenda é un luxo e a hipoteca-condena o prezo a pagar, encadénanos a un tipo de vida(?) donde se segue a renunciar a máis e máis,ata que o sistema de pensións é , segúndo cifras oficiáis da OCDE, moito máis reducido que fai 15 anos , eiquí e na CEE , pero eso sí , hai máis canles de TV, equipos de futbol e baloncesto, héroes do motor e pseudoarte-para-gustarte...A libre iniciativa do capital, con ou sen especulación, xenera a esclavización de millóns de persoas, traballadoras an activo ou no retiro, en especial.A base de todo o edificio sucial e prostitucional ( quero decir , social e Constitucional..) é sempre algo só defendible dende a perspectiva ruín, egoista e miserabilizadora de quenes propagan e defenden ao capitalismo.
Os feitos cantan.
Otto Más.

Anónimo dijo...

Estóu flipando. Resulta que a Chunga ( perdón, Xunta) de Galicia sacóu unhas axudas para resolver o " problema do feismo e as viviendas sen rematar na nosa Comunidade..".Total , que subvencionan ata o 30 % das obras de amaño de fachadas para un total de !!!250 viviendas!!!!.
Propoño facer unha cuestación para contribuir-a -paliar-o-enorme -endebedamento -da- pobre-Xuntiña-co-motivo-de-tan enorme-dispendio...
Gracias !!!!.
Otto Más.

Anónimo dijo...

Que despilfarro. Con la de comilonas que no estamos perdiendo en la Consellería.
Como sigamos así en el año 2099 vamos a tener unas miles arregladas y que va a ser de nuestro "feismo"tan "axeitado a nosa realidade".