2.6.07

Xuntanza Fundacional:Venres 15 de Xuño.


O Venres 15 de Xuño estades convocados a Asamblea Fundacional que levamos preparando estes ultimos meses desde a saída do Manifesto.
Os estatutos xa están redactados (despois de varias asambleas) e non queda máis que asinalos para a legalización do Ateneo. Enviaremos unha copia por correo elecrtronico a todos os socios apuntados ata agora que xa son unha treintena.
Indicamos a orde do día para esta asamblea e lembramos a todos a importancia de asistir:

Orde do día:
1. Lectura e aprobación dos estatutos do Ateneo.

2. Elección da Xunta de Coordinadores e voceiros.

3. Acta de constitución.

4. Fixar a data da presentación publica.

5. Asuntos varios.


O lugar e a hora serán como de costume o Venres 15 de Xuño ás 21 horas nas antigas escolas "Hermanos García"

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobre a presentación pública.
Hai que poñer énfase en que quen veña o faga non para oir a catro radicáis, senón para aportar a sua voz e os seus esforzos:ven e fala.
Sería bon facer unha enquisa sobre os temas que nos interesan e todo o que poida interesar ao personal asistente.Do tipo: ¿ qué denuncias e qué podes aportar?
O mellor é facer unha breve presentación do ateneo: o seu manifesto, os debates que houbo, e a sua intención de ser un activador do pensamento crítico e a acción frente ao $istema.
Compre deixar un bo tempo para debater entre @s asistentes, e romper as costumbres de " Conferencia " ou " Mitin" convencional, con oradores nun estrado e seres escoitantes no público-máis -ben pasivo.OTTO MAS.

Anónimo dijo...

Totalmente de acordo polo que non digo máis.
Suso.