3.12.09

Conferencia "Os límites do crecemento.As raíces ecolóxicas da crise.



Sábado 12 Decembro ás 20 horas
Lugar: Arco da Porta da Ponte Nova (local da CNT) entrada por San Francisco 40.

O sábado 12 de decembro, ás 20.00h, no local da CNT de Betanzos (Rúa San Francisco nº 40 , 1º), Doly García vai dar unha conferencia titulada "os límites do crecemento. As raíces ecolóxicas da crise".
Doly García é matemática. Actualizou e mellorou as ecuacións chamadas Worl3 que serviron aos científicos contratados polo Club de Roma para a elaboración do coñecido informe "os límites do desenvolvemento". O traballo de Doly inclúe elementos novos, como o cambio climático e a súa posible influencia na agricultura, ou o cenit do petróleo e o seu inminente impacto nos nosos modos de vida.Doly García é fundadora do grupo "Brighton Peak Oil Group" e membro do grupo fundador de Transition Brighton.

No hay comentarios: