28.3.10

Comunicado Público do Ateneo A outra mirada

Reunidos onte en asamblea ordinaria tomamos o acordo entre outros puntos de emitir unha pequena nota relativa a última conferencia organizada por nós:
*
O Ateneo A outra mirada de Betanzos quere manifestar aos asistentes á última conferencia organizada por este Ateneo, "Crise de Civilización" de Carlos Diaz, que o Ateneo non comparte as ideas expostas nesta conferencia e que só poden ser atribuídas ao invitado. Así mesmo facemonos unha autocrítica por non ter sabido organizar un debate adecuado onde todas as ideas puideran ser confrontadas.
Betanzos 27 de Marzo de 2010.
*
E intención deste Ateneo marcarse uns mínimos metodolóxicos para que nas próximas conferencias tanto os invitados como o público asistente teñan posibilidade de debate sen que se poidan sentir cohartados nen polo tempo nen por ningunha outro motivo. Queremos agradecer a boa acollida que as nosas conferencias están tendo e esperamos poder contar coa vosa presencia nas que fagamos no futuro.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A efectos de ideas e prácticas de tranformación social radical o mellor e outro tipo de " formato", diferente das Conferencias.Quen ou quenes expoñan catro planteamentos non deben copar o tempo, e han de diluirse nunha asamblea dialogal donde calquera poda falar e preguntar/responder con calquera, cunha simple regla de pedir palabra i esperar turno.
Se quen o u quenes expuxeron son sometidos a unha batería de preguntas, é entonces por que o tema interesa tal e como o espuxeron, por que son sometidoa á crítica, por que quedan interrogacións e se pensa que pode-n aportar, etc.
Non é, por tanto , o típico e burgués esquema de un - s " enterado-s " e outr@s aos que lles toca fundamentalmente o rol de "asimilar i enterarse".
Otto Más..o menos.

Josú Barroso dijo...

Parabéns pelo blog.
Fala de temas muito importantes para todos nós.