14.3.08

Ser rico é pecado. Vaticano- dixit-.



Amancio Ortega: A fortuna persoal ascende a 16 mil millóns de euros.

O Noso compañeiro Benedicto XVI que por causas alleas a súa vontade (foi elexido polo E.S.- Espiritu Santo) ten que habitar nesa cidade-dormitorio coñecida como o Vaticano. E resulta que nun lugar así as ideas "florecen por doquier". Unhas das ultimas incorpora ao repertorio dos nosos pecados, o da riqueza. Bravo Compañeiro Benedicto. Faremoste presidente de honra.

Gracias a esta nova aparecida en todos os medios,( e tamén nos enteiros), que se nos deu por facer contas con outra relativa a lista dos máis ricos e polo tanto máis pecaminosos dos nosos compatriotas. Encabeza o ranking o noso paisano A. Ortega que supera desta vez os 16 mil millóns de euros..... E pensa que te pensa fixemos estas contas para ver se alguén se lle ocurre algunha reflexión.

Con 25 persoas como Amancio, necesitamos que todos os habitantes do estado español estean un ano sen comer e sen gastar un peso para igualalos. ¿Esaxeramos? - Imos comprobalo-.

Se houbese 25 peroas con 16 mil millons,esto serían 400 mil millóns.

Se dividimos 400 mil millons entre 44 millons de habitantes saenos a 9.100 euros por cabeza.

Se unha familia ten de media 3 persoas necesitamos 27.300 euros por ano.

Moitos non chegan a este salario e moito menos aforran esta cantidade. Así que colorín colorado, menudo reparto que hai do cotarro.

Menos mal que ZP agora vainos dar 400. Imos chorar.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A dinámica de enriquecemento provoca empobrecemento e viceversa.A de marxinalización, xente marxinada.A de explotación,humanos de obra explotad@s..etc.
E todo en condicions históricas , tecnolóxicas e de poder concretas.
Ou seremata cas condicións que alimentan estas realidades.. ou seguiran emanando dos poros do monstruoso sistema.
Dios é o diñeiro, así de sinxelo.. e no seu altar se sacrifican vidas e vidas.Desto tamén saben os curitas e as monxiñas, por moito que queran mirar para un ceo mítico.
Otto Más.

Anónimo dijo...

A propósito da riqueza:

Recomendo ver o informe da CGT de Aragón sobre a Expo 2008.
Calo.