17.6.07

Günter Eich - Träume

Günter Eich - Träume
Soños - Teatro radiofónico alemán, primeira emisión 19.04.1951

Non, non durmades
mentres os que ordenan o mundo seguen traballando.
Desconfiade do seu poder,
que din ter que conquistar para vós.
Vixiade para que os vosos corazóns non estean baleiros,
cando se conta co baleiro dos vosos corazóns.

Facede cousas inútiles,
cantade cousas inútiles,
cantade cancións que non se esperan das vosas bocas.
Sede incómodos.
Sede area e non aceite na engrenaxe do mundo.

1 comentario:

Anónimo dijo...

mellor que area, grava, e da rabiosa..

Otto más.