14.4.07

Xuntanzas dos soci@s


Na ultima asamblea de soci@s acordamos empezar a facer actualizacions deste blog que ata o momento tiña caracter provisorio e que simplemente servíanos para dar publicidade do Manifesto. Como xa estamos argallando diferentes ideas queremos que aparezan aquí as diferentes noticias que poidan ser de interés para o noso traballo, polo que xa estaredes recibindo as invitacións correspondentes para facer aportacións.


De momento hai xa 24 persoas comprometidas no proxecto e estanse a elaborar os estatutos e o regulamento interno do Ateneo. A cuota mensual para todos os soci@s será de 5 euros.


Todos os Venres estamonos xuntando nas vellas escolas García Naveira, no local que ten cedido polo concello a Asociación Cultural Eira Vella a quen agradecemos nos deixen o local para as nosas actividades.

A proxima será por tanto o Venres día 20 e ás 21 horas.


Esperamos a vosa asistencia.

Pd: O simio das fotografías pideunos a entrada como socio pero a labor profesional dos corpos e forzas de seguridade do Ateneo lograron establecer un parecido físico con estoutro simio que dirixe os nosos destinos desde os EEUU. A incompatiblidade de ter cargos na Administración coa pertenza a nosa Asociación, decidiunos por non admitilo. Non teñades medo... de seguro que con vós isto non ha de pasar.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Pues a mi el mono me parece más guapo...Y menos peligroso.